Ir al contenido principal

Muller & Taller & Tecnoloxía


O venres 9 de xuño, a profesora e mestra do taller do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, Antonia Alfaro, deu a coñecer o seu centro e compartiu coñecemento de mecanizado sobre o manexo do torno na aula - taller de tecnoloxía co alumnado de 4º da ESO.

Mirade 👀: 

O Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, con case 60 anos de antigüedade forma a futuros marinos e ademais é centro de referencia nacional en pesca e navegación. 
Actualmente, imparte os ciclos de FP da rama marítimo - pesqueira e formación non regrada, dende cursos de mariñeiro - pescador ata os cursos de ampliación de atribucións para os profesionais de pesca. Para máis info, consultade:



Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

HORA DE LER

Hoxe foi o primeiro día que o sol deixou asomar unha primavera que todos votabamos de menos. Para celebralo , deixamos a aula para facer a hora de ler no patio. Unha boa idea que seguro repetiremos.