Ir al contenido principal

RECUNCHO DE PAIS E NAIS: SE TI LES, ELES LEN



No mes de otubro a biblioteca do centro reabreu as súas portas para ofrecer os seus servizos a toda a comunidade escolar.

Como centro de recursos e de aprendizaxe, este ano continuaremos co labor de apoio ás actividades docentes, promovendo, dinamizando e activando o interese pola lectura. Queremos facer cómplices do noso entusiasmo ás familias, conscientes de que o voso exemplo é o mellor modelo que podemos ofrecer aos nenos e nenas.
 Este curso, entre outras novidades, poremos en marcha un novo servizo dirixido a vós,
 O RECUNCHO DE LECTURA para pais e nais.
A proposta é  sinxela pero resulta imprescindible a vosa colaboración. Trátase de crear un punto lector con autoxestión de préstamos, que facilitará o acceso a lecturas que vos interesan.
O punto lector está situado na planta baixa enfrente de Dirección. Pódedes ir a calquera hora do día e escoller o libro que mais os guste.

¡ANÍMATE E...
LE!.
Entre todos/as conseguiremos contaxiar o gusto polas boas lecturas aos nenos/as.

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

11 F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola.  Botade unha ollada: