Hoxe celebramos o Día da poesía cunha visita moi especial; a de Fran Alonso.Todos os alumnos/as de Secundaria puideron coñecer ao autor de Poetízate e de Cidades, dous libros traballados en 1º e 2º de ESO. Aprendemos que a poesía se apoia en catro patas moi especiais: a palabra, a música, o silencio e a maxia. Para comprobalo lemos, escoitamos e sentimos cada un dos poemas seleccionados polo poeta.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños

Comentarios
Publicar un comentario