Estas semanas están sendo moi amenas. O alumnado está a realizar o break out organizado pola biblioteca. Nesta ocasión participou o alumnado de 3º e 4º de EP. Mirade como o pasaron 👇😀:
O día 30 de marzo , unha unidade móbil da Axencia de Doazón de sangue virá e a nosa misión axudar será. O alumnado de sexto de primaria participa nesta campaña de doazón de sangue e convídanos a participar.
Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇: MOI BO TRABALLO!👏
Comentarios
Publicar un comentario