O Entroido no CPI converteuse nunha homenaxe as enerxías, durante semanas toda a comunidade educativa traballou arreo para poder realizar o desfile que tiñamos previsto. Dirixidos por Antonio construímos tres carrozas nas que se representaban diversos motivos relacionados coa temática do proxecto, así nunha carroza representábanse a enerxía eólica e a natureza en estado puro.
O alumnado e profesorado por suposto disfrazouse das temáticas curriculares que desenvolveron nos diferentes cursos así a Escola de Educación Infantil anexa ao noso centro e 2º de EP disfrazáronse de horta ecolóxica como tomates, zanahorias, berenxenas…etc, 1º de primaria de froitas, o 2º ciclo de fenómenos atmosféricos como choiva, neve, raios,..etc, 5º de primaria de ecosistema marítimo así atopabámonos con medusas, mexillóns, algas, planton…6º de enerxía solar, eólica, térmica, mareomotriz…. A Secundaria tamén participou traballando e elaborando os seus propios disfraces, os de 1º de ESO foron de contenedores radioactivos , 2º e terceiro foron de símbolos químicos e salvadores da natureza dos contenedores radioactivos .
Unha vez que chegou o día pola mañá cedo montáronse as carrozas xa que o día antes choveu e a continuación vestímonos e fixemos un pasarruas polas rúas de Panxón no que participou o pobo. Os alumnos/as de 4º da ESO ían de servizo de seguridade e repartían froitas xa que este curso participamos no plan de froitas dentro do Plan proxecta da Consellería de Educación.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Comentarios
Publicar un comentario