O pasado mércores día 29, o alumnado que pertence ao club de lectura fixo un percorrido andando dende o noso centro ao Concello de Nigrán e á Biblioteca Municipal.
Agradecemos ao Concello de Nigrán a súa colaboración.
Tamén dar grazas á bibliotecaria da Biblioteca Municipal, que nos acompañou durante a visita aos distintos espazos da mesma. Como remate a bibliotecaria agasallou a todo o alumnado cunha lectura na terraza da biblioteca.
Comentarios
Publicar un comentario