Un ano máis, o Club Baloncesto Nigrán reafírmase no seu compromiso contra a loita que supón a lacra da volencia de xénero e, ao mesmo tempo, rende unha homenaxe ás súas vítimas facendo un vídeo no que representantes de diferentes ámbitos sociais aparecen cun balón de baloncesto. Un balón por cada unha das mulleres asasinadas e un balón or cada un dos sete nenos e nenas asasinados neste 2017. Presentamos a aportación do noso centro.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños

Comentarios
Publicar un comentario