Ir al contenido principal

TRANSICIÓN INFANTIL-PRIMARIA 17-18

Hoxe 7 de xuño recibimos a visita dos futuros Concheiros, que son os alumnos/as de 5 anos da EEI As Dunas. Viñeron coa súa mestra Gema e a Directora Conchi. Estaban inquedos e nerviosos xa que por primeira vez visitaban o que será o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º  fixeron de padriños, traballaron moitísimo para decorar a clase, colocaron as fotos dos novos alumnos/as no gran mural que identifica a súa clase e fixeron uns marcapáxinas cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Pavillón alí estaban esperándonos o mestre de Educación Física (Victor) e o mestre de Inglés) que tiñan preparados uns xogos para eles. Despois de facer estas actividades fomos ao patio e compartemos o recreo cos nenos e nenas do CPI, os padriños e madriñas aproveitaron para ensiñarlelles os aseos e as zonas de xogo. Unha vez rematado o recreo dirixímonos á Biblioteca onde estaba esperándonos Yolanda xunto con carlos de 4º da ESO, contaron o Conto de "VACIO" de Anna LLenas, deronnos un agasallo que era a imaxe de Xulia, para que a rechearamos cos sentimentos e os medos que nos produce vir ao cole. Despois do recreo Inés de 2º de Pimaria, foi explicandolles os murais que fixemos este cursos, a que adicamos cada unha das aulas, o concurso de portas, espazos....ata que chegamos a que vai a ser a clase deles para o vindeiro curso. Na clase cada un sentouse co seu padriño/madriña e a profe que lles vai dar clase para o vindeiro curso foi explicando o que ían traballar en 1º, despois os nenos e nenas de Dunas que tarían un agasallo, libro coa súa presentación e como se sentian ante a entrada nun novo cole, foron presentandose un a un e os nenos de 2º forn dando resposta aos seus temores e as súas preguntas, finalmente colorearon un debuxo que identificará a súa mesa no mes de setembro, os padriós agasallaronos cun marcapáxinas para as súas lecturas favoritas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!