Ir al contenido principal

PRESENTACIÓN “KALEIDOLABS”

O 3 de outubro presentamos no salón de actos do CPI de Panxón o proxecto de divulgación científica “Kaleidolabs” a toda a comunidade educativa coa colaboración do IIM (Eva Balsa e Luisa Martínez) e Títeres Babaluva. A partir dos resultados dos diferentes laboratorios: kaleid@Lab, Valoriz@Lab, Dibu@Lab, Foto@Lab y Especi@Lab realizáronse oito pezas audiovisuais con contidos de investigación marina: oceanografía, cabaliño de mar, cefalópodos, pesquerías, mexillóns, patoloxía alimentos e microbioloxía. Que éxito!! Moitas grazas pola vosa participación!! 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤