Ir al contenido principal

Saída: XXXI Semana de Cine Submarino. Lingotes en conserva.


O pasado mes de Novembro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria trasladouse a Vigo para visionar o documental de Cinema Submarino.

Nel fíxose unha proxección de documentais para coñecer e por en valor o ecosistema do noso planeta.

Tamén aproveitamos e asistimos a outra actividade de AFundación: Lingotes en conserva. Constaba dunha exposición sobre a conserva que nos serviu de reflexión, xa que era un homenaxe ao traballo das mulleres nas conserveiras da cidade de Vigo.

Finalmente, participamos nun taller STEAM e estivemos programando con Scratch. 

Pasámolo moi ben, mirade 👇

Comentarios