Ir al contenido principal

Concurso de debuxo (AGA)

 

Concurso de debuxo (aga)

 

Dende o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios queremos agradecer a participación do noso alumnado  no Concurso de debuxo co gallo do Día da Abella, creado pola Asociación Galega de Apicultura.

Tras a participación do noso alumnado no concurso, algúns tiveron a sorte de obter numerosos premios, tales como Alejandra Carreira que tivo o privilexio de gañar o primeiro premio, e recibirá unha recompensa de 1 kg de mel e un cheque regalo de 75€ en material escolar. Parabéns!

Dito debuxo figurará na tarxeta de Nadal que vai realizar a Asociación Galega de Apicultura. Todo un privilexio!

 



 

Outros alumnos/as do noso centro que participaron no concurso, tamén obtiveron un privilexiado accésit. E como recompensa, outorgáronlles unha mochila de cordas. A continuación podemos apreciar os debuxos.






Finalmente, tamén queremos agradecer a labor do alumnado non premiado, posto que valoramos o seu esforzo e o seu compromiso á hora de participar. Aquí tedes os debuxos tan fermosos que presentaron.

 











 

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e participación.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤