Ir al contenido principal

Intercambio con Manchester

A pasada semana chegaron á escola os compañeiros e compañeiras da escola St Catherine´s de Manchester cos cales, o alumnado de 5º de EP realizan o intercambio cada ano.

Ao longo da semana fixéronse mogollón de actividades variadas: xogos de benvida,  chocolatada con menús típicos galegos, tour polo cole, obradoiros (graffiti, luces na oscuridade, xogos de mesa, fúbtol gaélico, a chave e a rá), visita as Illas Cíes, comida conxunta.

Os cativos e cativas puideron desfrutar destes días xuntos e ademais puideron nutrirse das novas aprendizaxes.

Botade unha ollada 👀👇:

  • Benvida:
  • Obradoiros
  • Visita as Illas Cíes:
  • Diverjump e bolera:





Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤