Ir al contenido principal

Break Out: Misión libros agochados

 


Queredes vivir unha experiencia misteriosa? 

É a túa oportunidade para participar no break out: misión libros agochados que se celebrará nos próximos días no tempo de lecer para conmemorar o día do libro.
Este break out consistirá en superar diferentes retos a partir de enigmas. Por cada enigma obteredes unha cifra que é a que vos vai permitir parar a bomba e abrir o cadeado. Tedes enigmas, un tempo límite e unha bomba que parar!
Esperámosvos!😊


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤