Ir al contenido principal

DÍA DOS NAMORADOS E DA AMISTADE



Todos os anos facemos un oco no noso tempo para adicalo ao AMOR e a AMISTADE. Este ano é moi complicado facer un espazo no calendario e poder dedicarlle un día; a Paz e o Entroido están demasiado preto e quérennos roubar protagonismo.  Aínda así, empeñámonos en realizar unha actividade coa que celebremos o amor e a amistade que compartimos con outras persoas.
Na actividade que vos prantexamos teredes que engadir nunha plantilla tipo, ou noutra que vós creedes, unha foto cunha ou varias persoas ás que queirades. Escribiredes unha frase encima coa que presentedes a vosa imaxe e poñeredes o voso nome por detrás.
As axudantes de biblioteca colgaranas polo corredor de Secundaria para que poidades divertirvos vendo as fotos do resto dos vosos compañeiros/as.
Non esquezades que a caixa de correos das cartas de amor e amistade tamén se colocará para que poidades enviar cartas a todas aquelas persoas que queirades. Serán repartidas polas aulas como o curso pasado.
Todo o voso amor e amistade deberá entregarse antes do luns 1 de febreiro para poder colocalas antes de irnos de Entroido.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏