Ir al contenido principal

OUTUBRO DE HALLOWEEN


Xa estamos en outubro e non vos podedes esquecer dos concursos que presentamos con motivo destas datas . Para participar no concurso de Relatos de terror teredes que presentar os traballos antes do día 12 de novembro. Os relatos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entregarédellelos ás profesoras de Secundaria  destas asignaturas respectivamentes.O día 15 (dia no que celebraremos o Magosto ) entregaranse os premios ós gañadores. 
 Para o concurso de cabazas  terédelas que traer dende o 28 ó 30 de outubro. Inxenáivolas para presentar a cabaza mais terrorífica, curiosa ou divertida. Seguro que os resultados volven a sorprendernos a todos.

A ver quen logra asustarnos mais este ano...

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!