Familias, achégase unha celebración pedagóxica moi atractiva para os máis pequenos: HALLOWEEN-SAMAIN. A parte de disfrazarse podemos achegarnos a esta festa a través de títulos que relatan historias de halloween ou sinxelamente os medos que tanto nos asustan a todos desde moi pequenos. Non é a nosa intención asustalos, todo o contrario é fomentar a lectura en familia e a creatividade.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños


Comentarios
Publicar un comentario