Un ano máis, o Club Baloncesto Nigrán e o CPI ARQUITECTO PALACIOS xunto con outras entidades reafírmase no seu compromiso contra a loita que supón a lacra da volencia de xénero e este ano contando coa colaboración de Carlos Nuñez, Ledicia Costas, Jorge Carbajosa, Begoña fernández..., , renden unha homenaxe ás súas vítimas facendo un vídeo no que representantes de diferentes ámbitos sociais aparecen cun balón de baloncesto. Un balón por cada unha das mulleres asasinadas e un balón or cada un dos tres nenos e nenas asasinados neste 2018. Presentamos a aportación do noso centro.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños

Comentarios
Publicar un comentario