Un ano mais dentro das actividades programadas neste mes que adicamos ao libro, celebramos a actividade do apadriñamento lector. Os alumnos/as de 5º, 6º e 1º de ESO constituironse en padriños e madriñas dos de cursos inferiores compartindo momentos de lectura, para iso seleccionamos contos propios para cada nivel de idade que os alumnos prepararon na Hora de ler tendo en conta o ton e fortalecendo a escoita activa por parte dos pequenos. Os apadriñados tiñan un pequeno agasallo para os seus padriños, un marcapáxinas decorado pore eles mesmos que conmemoraba o Día do libro 2018. Este ano ao igual que ouros anos contamos co alumnado de Manchester para realizar este apadriñamento lector, estes alumnos compartiron apadriñado con seu compañeiro de intercambio e tamén recibiron de agasallo un marcapáxinas.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños



Comentarios
Publicar un comentario