Ir al contenido principal

ANIMACIÓN LECTORA: ANGELES ESCRIBANO



O 30 de outubro tivemos a sorte de contar un ano mais coa visita de Ángles Escribano Guiance. A actividade desenvolveuna na etapa de primaria, fixemos dous grupos un para 1º, 2º e 3º de primaria e outro para 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro grupo traballou a tolerancia a través da historia “Vivan las uñas de colores”, Interpretación do medo e a desconfianza ao descoñecido e os sentimentos que se producen a través da interpretación do álbum ilustrado “La ola”,representación cos nenos do divertido conto cos animais da selva “Cuquedo”. Co segundo grupo traballou unha breve biografía de Gianni Rodari e a actividade de Xogos de palabras: clases, palabras co prefixo “des” e a súa divertida interpretación, Binomio fantástico. Tamén presentou a biografía de Jules Verne, Comentarios sobre as súas obras máis coñecidas e Interpretación moi divertida dos nenos coa mímica dos títulos para que adiviñen os demais.
Cos dou grupos: Invitación, Ficha de actividades, Marcapáxinas, “Palabras con corazón”. Falamos da importancia e o poder das palabras, o seu significado e utilidade. O coidado que temos que ter antes de utilizalas e pensalas moi ben, especialmente para evitar facer dano aos demais. Tarxetas de palabra bonita, A importancia das apertas con “Vale por un abrazo”, Un pouquiño de poesía: “Soleando” de An Alfaya. “La alfombra mágica” de Juan Carlos Martín Ramos coas cancións dos vídeos do autor e Lurdes. Despedida co “Tattoo” de Igor.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤