Ir al contenido principal

SALÓN VIRTUAL DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Este ano o Salón do Libro de Pontevedra tivo que ser suspendido con motivo da crise sanitaria do coronavirus. Pero a organización tentou atopar unha solución que permitira, por unha parte, facer máis levadeira a situación actual á cativada confinada e por outra, paliar na medida do posible o impacto que está a ter no sector cultural, onde se están a cancelar a meirande parte das actividades programadas neste tempo. Así foi como naceu o SALÓN VIRTUAL, que aínda podedes visitar premendo no seguinte enlace:
O resultado foron máis de 100 publicacións nas redes sociais, que inclúen obradoiros, xogos, contacontos, exposicións virtuais, actuacións,... Atoparedes enlaces a todas elas a través do enlace anterior.
Nesta entrada gustaríanos destacar algunhas propostas, que vos poden resultar útiles nas vosas casas:





Neste obradoiro, impartido por Anxo Fariña, aprenderedes a relaxarvos e a entender as vosas emocións e pensamentos a través de técnicas de Mindfulness e respiración, é un obradoiro que podedes levar a cabo xuntos, nenos e adultos.
Tamén se ensinan algúns materiais útiles para axudar aos nenos a calmarse a relaxarse, por exemplo, cando teñen problemas para conciliar o sono.


Este obradoiro creativo foi impartido polo ilustrador Kiko da Silva, coñecido polas súas publicacións de viñetas para El Correo Gallego e por ser o fundador da primeira escola profesional de cómic e ilustración de Galicia "O GARAXE HERMÉTICO". O obradoiro consta de dúas partes, que podedes ver na canle de Youtube do Salón do libro:
PARTE 1

PARTE 2


Neste obradoiro coñeceredes parte da historia do cómic ou Banda Deseñada e ademais de iniciarvos no coñecemento desta arte, gozaredes con "Fiz, o neno máis porco do mundo" que, desta vez, ten moitas cousas que ensinarnos sobre as historietas e viñetas.

                                                           UN RETRATO DE CONTO
Neste obradoiro aprenderedes a facer un retrato de conto a través do fisionotrazo, que é un invento fantástico que xurdiu alá polo século XVIII para facer retratos.



Neste obradoiro aprenderedes a facer unha Pimbóla ou Pinball con cartón e outro material de refugallo. A Pimbóla foi un popular xogo durante moitos anos. Atopámola en versión electrónica ou mecánica e de seguro que os vosos familiares poden falarvos dela.


Gustaríavos que os vosos contos cobren movemento? Neste obradoiro aprenderedes a facer flipbooks ou libros en movemento, poñendo en práctica unha das técnicas máis antigas da animación. Tan só necesitades un caderno que teñades pola casa ou dunha cartolina, ademais dun lápiz e rotulador negro para facer os debuxos.



 Esperamos que vos gusten as propostas seleccionadas en non dubidedes en darvos un paseo polo SALÓN VIRTUAL, onde descubriredes moitas outras propostas divertidas!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

HAIKUS JAPONESES

Para o día da poesía   proponemosvos un traballo no que ides ter que seguir a tradición japonesa e compoñer un haiku . Antes de que vos expliquemos a actividad é convinte que seaibades en qué consiste esta composición poética.   Un haiku é un pequeño poema tradicional japonés. Tan pequeno que a súa estructura consta de tres versos sen rima, que deben sumar un total de diecisiete sílabas. O primeiro verso debe ter 5 sílabas,ol segundo 7 e o terceiro 5, aunque non é obrigatorio seguir esa estructura.     O haiku, xeneralmente expresa unha sensación, unha imaxen, que pode ser evocada con enorme forza ou sutileza. Caracterizase pola sencillez, austeridade, brevedad e asimetría.   NO día da poesía, que se celebra o día 21 de marzo, podedes contribuir con un haiku que a vosa creatividade compoña. Teredes que combinar a poesía coa temática que podádes sacar do Proyecto deste curso sobre Enerxías Sostibles " Do pedernal á fusión". Busca en tres versos a man...