Ir al contenido principal

OUTUBRO 2018 ESPAZO LECTURA

ESPAZO LECTURA comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e da lectura en lingua galega. Ademais dos clubs de lectura xa consolidados, vaise poñer en marcha un novo club onde leremos e comentaremos obras baixo un enfoque feminista: o club de lectura "Daquelas que len".
Achegámosvos a nota informativa coas actividades do mes de outubro. Tamén podedes consultar as actividades programadas, así como a data e lugar no que se van realizar, no apartado Axenda de eventos da páxina web de Espazo Lectura: http://espazolectura.gal

Agardamos que a programación sexa do voso interese.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Come local

  Os cativos e cativas de 5º e 6º de EP pudieron ser partícipes dunha charla de Come Local, onde o obxectivo clave era promover os produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade. Foi interesante coñecer os produtos que están próximos a nós.