Ir al contenido principal

OUTUBRO MES DA BIBLIOTECA

Como todos os anos durante o mes de outubro a Biblioteca énchese de actividade co gallo do día das "Bibliotecas escolares".
O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos vén publicando a Xunta de Galicia, e está salientado nas axendas de todos cantos traballan a prol das bibliotecas, o libro e a lectura, desde que hai máis de vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxera a celebración deste día. Na actualidade, o Ministerio de Cultura edita todos os anos un cartel conmemorativo e un pregón, e propón actividades para a súa celebración, entre outros, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro. 
Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. Este fermoso cartel adicado este ano ás Poéticas diversa é o que aparece nesta entrada e que está presente en todos os centros galegos para a celebración do 24 de outubro. (fonte: Bibliotecas escolares).
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, un lema e unha imaxe para o 24 de outubro, Día da Biblioteca.
CARTEL E PREGÓN do Día da Biblioteca (versión en galego grazas a GALIX)
CARTEL DO DÍA DA BIBLIOTECA - Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
CARTEL "CDU ILUSTRADA" 
A continuación podedes coñecer as actividades que imos desenvolver durante estas semanas.

 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤