Ir al contenido principal

SANTIAGO POSTIGUILLO, GAÑADOR DO PREMIO PLANETA

O autor valenciano Santiago Posteguillo triunfa con 'Yo, Julia', novela histórica sobre a poderosa emperatriz romana Julia Domna.
Ayanta Barilli imponse como finalista con outra obra de temática feminista: 'Un mar violeta escuro'. 
Yo, Julia é a historia dunha muller que consegue hábilmente escalar nun mundo de homes inmersos na loita polo poder político, absolutamente convencidos de que o liderazgo só lles pertence a eles. Unha novela sobre os conflitos de xénero nas esferas de poder, narrada a través de cinco personaxes, de gran fondura psicolóxica, que funcionan como unha sorte de escaleirass polos que irá ascendendo a protagonista. E así contada a historia, parece unha trama absolutamente actual, pero Julia, a protagonista, non é outra que Julia Domna, augusta do Imperio Romano, esposa do emperador Septimio Severo. Unha férrea muller que logrou concentrar un poder xamais alcanzado por ningunha outra emperatriz.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇

Apadriñamento lector EP e ESO

  Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁

Apadriñamento lector coa EEI Dunas

  Hoxe conmemoramos o día do libro co noso tradicional apadriñamento lector coa EEI Dunas. Os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP foron ata alí e léronlles uns contiños. Como gozaron e disfrutaron da experiencia e tamén do día. Os nosos cativos e cativas leváronlles uns marcapáxinas personalizados e a sorpresa foi que eles nos prepararan colgantiños.  Botade unha ollada: Mil grazas aos nenos e nenas da EEI Dunas e as súas marabillosas profes por esta doce xornada. Repetiremos ❤