Ir al contenido principal

200 ANIVERSARIO FRANKESTEIN: NOVIDADES


 O 1 de xaneiro de 1818 aparecía cunha tirada de 500 copias Frankenstein ou o moderno Prometeo de Mary Shelly. A principios do século XIX, a obra causou conmoción, as súas implicacións eran demasiado profundas nunha sociedade que aínda se pelexaba co gas, o vapor e o carbón. Os detractores da obra provocaron -como adoita pasar- o efecto contrario ao inicialmente desexado e miles de ingleses lanzáronse á lectura dun libro que escondía unha mensaxe bastante menos opaco: a odisea emocional dunha criatura procreada en soidade e obrigada a vivir nela.
Nesta epoca de criaturas extrañas, samaín, halloween....etc queremos renderlle  homenaxe  tanto a autora como a este personaxe que tanto nos fixo desfrutar coa súa lectura. Tedes na biblioteca diferentes versións do libro de Mary Shelly.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏