Ir al contenido principal

LATENDO POR TI (ONCE)

Un ano mais celebramos o día da Discapacidade no CPI de Panxón, este ano quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas deficiencias visuais. O Departamento de Orientación  e o equipo de Biblioteca organizaron a sensibilización coa  ONCE (Organización Nacional de cegos)
Así que o 1 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada aos cursos 1º, 2º e 3º de Primaria e a segunda sesión a 4º,5º e 6º de Primaria, Marian Lorenzo Prego ( Vicepresidenta  do Consello Territorial da ONCE en Galicia) e Lorena (representante dos afiliados) impartiron unha charla de sensibilización e acercamento a esta discapacidade.
Marian explicou aos nenos que existen diferentes tipos de danos na vista e que a maioría poden realizar calquera tipo de actividade.
 Os nenos/as coñeceron os sistemas de lectura que teñen: Tinta, Sonoro, e Braille. Presentaron a Braillerina e aprendemos a escribir con ela en Braille.


A que non sabiades que os cores os asocian con olores?, vimos un pequeno documental "Os cores das Flores" e practicamos con rotuladores de olor a asocialos a cores.


Chamounos moito a atención os libros de texturas que teñen , por exemplo para poder coñecer monumentos.

E por suposto tamén aprendemos as diferentes maneiras de movilidade: O bastón, O acompañante e o can guía.
 Chamounos moito a atención o proceso de adestramentos dos cans e o caro que é o proceso, ademais non todo o mundo pode acceder a eles xa que son escasos e hai unha demora de mais de tres anos para poder conseguilo.


Comprendemos que, fora de días internacionais e leis, a realidade, a cruda realidade é tozuda. Hai avances, pero son insuficientes. As rúas dos distintos barrios están cheas de bordillos imposibles para persoas cegas ou con problemas de visión.

Dende este blog queremos darlle as grazas a Marian  e Lorena por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade foi  impartida de maneira gratuíta.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏