Ir al contenido principal

OBRA DE TEATRO "GOLPES"- ESTIBALIZ VEIGA

O alumnado de 3º e 4º da ESO dentro da programación de catividades para o Día en contra da violencia de xénero, asistiu a representación teatral da obra GOLPES. 
GOLPES é a vida de Pamela, unha rapaza que nos conta a súa vida, os seus soños, como era romántica, que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Tratando e previndo a desigualdade dende onde nacen as relacións (a adolescencia).
Foi un espectáculo directo, que xoga co impacto da posta en escea, sen trucos dramatúrxicos ou de escenografía. Apoia só no "savoir faire " da atriz, quen incorpora múltiples personaxes diante doso nosos ollos.
Moitas grazas a Estibaliz Veiga polo seu bo facer, que nos dexou impresionados e fixonos reflexionar sobre onde empeza todo. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

14 de xuño. Día Mundial do Doante

  No día de onte, conmemorábase o Día Mundial do Doante, e o noso centro foi partícipe deste evento  xa que cúmprense 30 anos da creación da Axencia de Doazón de Órganos e sangue. Fai uns meses atrás participábamos na campaña de doazón varios alumnos e alumnas do noso centro xunto coas súas mestras. Velaquí os deixamos unhas fotiños do evento de onte: