Durante esta semana visitounos Luisa Martinez, responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do CSIC en Galicia, para preparar con oitos alumnos e alumnas dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria e 1º de E.S.O., a presentación do estreno das pezas audiovisuais que forman o proxecto “Kaleidolabs”, o día 3 de outubro no CPI de Panxón e o 10 no museo do Mar: ensaiamos na biblioteca, visitamos a exposición dos títeres que elaboramos no taller valorizl@b,...
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Comentarios
Publicar un comentario