O pasado mércores, 1 de xuño o escritor Miguel Ánguel Aonso Diz veu contar un conto titulado “O soño de Esther” e outro titulado “O Valente coello que quixo soñar” . Contóullelos ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria.
Hoxe seguimos co apadriñamento lector dos nenos e nenas da escola. Aqueles alumnos voluntarios de ESO así como o alumnado de 6º de EP léronlles uns libriños aos máis cativos da escola: os nenos e nenas de 1º e 2º de EP. Foi unha xornada inesquecible que agardamos repetir pronto! 😁
Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola. Botade unha ollada:
Un pracer compartir convosco.
ResponderEliminarFonda aperta!!