Ir al contenido principal

VISITA ESCRITOR ALFONSO ÁLVAREZ CACCAMO


O pasado venres, 3 de xuño do 2016 o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo veu falar da súa obra literaria, especialmente falou de O bosque de levas, libro de lectura obrigatoria para o alumnado de 3º, 4º e PDC de ESO. 
A charla foi no Salón de Actos e comezou ás 10:40 horas. Falou de como comezou a escribir desde moi novo e como gañou un concurso de contos en Oviedo co conto titulado “A carniceira asasina”, de como xogaba co seu irmán Pepe Cáccamo a escribir relatos e dixo que o seu libro preferido de tódolos que leva publicados é O espírito de Broustenac. Tamén dixo que agora mesmo está a escribir un libro titulado Vento maino. 
En canto a O bosque de levas, dixo que comezara a escribilo cando escoitara soar o piano na súa casa despois de que mandara que llo afinasen. En realidade fora o vento quen o fixera soar. Dixo en varios artigos do Faro de Vigo que tiña unha pantasma na casa chamada Lino e unha lectora animouno a contar a historia de Lino que logo pasou a chamarse Marcelo de Salas no libro.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏