Este fin de semana, os alumos/as que forman parte do grupo de Teatro do CPI desfrutaron de tres días de convivencia con outros grupos de teatro de 5 centros Nun contexto teatral e creativo con profesionais do sector, participron en obradoiros de improvisación, dinámicas de expresión corporal e vocal, exercicios de escritura e creación de espectáculos. Este ano o eixe do programa centrouse no teatro do absurdo. Con esta actividade tratamos de potenciar as capacidades lúdicas para aflorar a mellor versión , imaxinativas, creativas, físicas e emocionais que permiten aflorar a mellor versión dun mesmo.
LA VOZ DE GALICIA
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños

Comentarios
Publicar un comentario