Para a realización do Obradoiro seleccionamos a fábula “La cigüeña y la zorra” co que traballamos a moralexa: “non fagas aos demáis o que non queras que che fagan a ti” e os valores de respeto, empatía, axuda e amizade. Se realizaron preguntas sobre o tema e firmaron unha promesa, tamén pintaron os títeres dos personaxes da fabula.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños



Comentarios
Publicar un comentario