O alumnado de 1º de ESO na materia de oratoria (sección bilingüe inglés), debateu sobre as actitudes que poden provocar problemas de convivencia, fixeronse dous grupos, uns encargáronse de recoller actitudes favorables a fomentar a PAZ e o outro grupo actitudes que poden levarnos ao conflicto. Finalmente realizaron o seguinte mural.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños


Comentarios
Publicar un comentario