Ir al contenido principal

Entradas

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛
Entradas recientes

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏

Emocións: del revés

  Nesta última semana, nenos e nenas de 5º EP traballaron as emocións a través dos personaxes da película Del revés: alegría, tristeza, asco, medo, aburrimiento, envexa, ira e vergoña. Fixeron este gran mural que poderedes a topar na entrada da escola 👇

8 Xuño - Día Mundial dos Océanos

O 8 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial dos Océanos , a cal é unha data establecida pola ONU co obxectivo de recoñecer a importancia que teñen os océanos no planeta. O obxectivo é recoñecer a importancia dos océanos para todas as especies, xa que representan a parte principal do planeta e son os responsables de xerar gran parte do osíxeno . O lema deste ano 2024 é  "A ciencia que necesitamos para o océano que queremos". Dende a escola propuxemos as seguintes lecturiñas, as cales vinculamos tamén co Día Mundial do Medioambiente: Para seguir traballando este día de forma especial convidamos aos cativos e cativas de 6º de EI de EEI Dunas e fixemos un obradoiro mariño con 1º e 5º de EP. Mirade:

Arts: Keith Haring

  Os cativos e cativas de 5º de EP estiveron aprendendo na materia de arts & crafts sobre o artista Keith Haring. As obras deste pintor reflicten a xeración pop e a cultura dos anos 80. Vos deixamos cunha pequeña representación:

Recomendacións de xogos para o verán

Xa sabedes o que nos gusta xogar no cole e a cantidade de xogos que podemos atopar na biblio e desfrutar nas quendas de recreo. Polo que vos deixamos algunhas recomendacións de xogos recén chegados á biblio neste curso escolar.  Disfrutade e xogade moito!  

Recomendacións lectoras para o verán

  E neste verán, descansar e ler pode ser un bo plan. Por iso, vos deixamos estas recomendacións lectoras 👇