O alumnado da ESO nas clases de lingua Castelá ao longo desta semán estiveron profundizando nos seus maís intimos sentimentos, tiveron que rechear o seguinte cadro escoitando o que os deuses do amor susurranlles nos seus oidos. O traballo tiña como obxectivo amosar con normalidade o que sentimos de igual maneira que manifestamos o que nos doe ou o que odiamos, e o fruto do esforzo posto nesta tarefa é o seguinte documento, hilvanado coa sensibilidade que as súas palabras expresaron.
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños

Moi bo. A ver si este ano copiamos a idea cando chegue Febreiro... Un saúdo :)
ResponderEliminar