Ir al contenido principal

ESTUPENDA SELECCIÓN DE LIBROS DE MATEMÁTICA RECREATIVA

 

 Algúns destes libros, escritos por autores destacados, ofrecen ao público en xeral, unha visión dos temas mais apasionantes e fundamentais na vida, outros son de natureza biográfica e narran as fascinantes historias dos grandes homes e mulleres que deixaron unha profunda huella no desenvolvemento da humanidade.
A páxina permite descargar  os documentos completos como arquivos pdf para o seu posterior disfrute.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto trimestral: Brailleando ando!

  “Seremos o cambio que queremos ver no mundo” é o noso lema (deste curso e da nosa vida). Sabemos que alcanzar ese propósito non é doado, require de moito traballo e esforzo individual e colectivo.  Hoxe contarémosvos un pouquiño do traballo en equipo que realizamos no segundo trimestre focalizado na procura do noso lema.  Todo comeza coa resposta á seguinte cuestión: como podemos ser o cambio que desexamos para o mundo? A resposta está clara, axundando aos demais; pero, como? Empatizando, solidarizándonos, respectando, axudando… Entre moitas outras accións. Dita resposta achegounos a coñecer, a conectar e a gozar co braille durante o segundo trimestre.  Primeiro documentámonos sobre que era o braille, quen o empregaba, a quen se lle ocorreu a brillante idea de crealo, onde podemos atopalo no noso día a día, etc. Comezamos decorando as caixas de ovos de seis oquiños que nos axudan a comprender a composición do braille, xa que tan só precisamos coñecer moi ben 6 pun...

RECITANDO A CELSO EMILIO ...DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro , unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema " Deitado fronte ao mar " (Longa noite de pedra, 1962). O CPI de PANXÓN, o día 12 do 12 do 2012 ás 12, súmase a esta iniciativa. Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo .