Ir al contenido principal

II CAMPAÑA SOLIDARIA: OPERACIÓN QUILO II

Estimadas familias:




Ao igual que o curso pasado, ao chegar as datas do Nadal de novo, realizamos no colexio a campaña de recollida de alimentos que entregamos ao Banco de alimentos do Concello para que o fagan chegar ás familias que máis o necesiten.



Tratamos con iso de fomentar no alumnado os valores de cooperación, solidariedade e de axuda, máis necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias.


A campaña leva por título "Operación Quilo II” e pretendemos que entre todas as persoas que integramos a comunidade educativa do colexio sexamos capaces de reunir polo menos un quilo por familia.



Por esta razón propoñemos que ao longo destas semanas próximas, entre o 25 de Novembro e o 12 de decembro, cada familia que o desexe colabore con 1 quilo, litro, bolsa,… de alimentos non perecedoiros (legumes, aceite, azucre, latas, leite...). Para animar a campaña, na entrada do colexio preparamos unhas pesas, onde se reflectirá cada día a cantidade recollida.


Agradecendo de antemán a vosa colaboración, animámosvos a facer chegar o voso "QUILO de solidariedade" que pode entregarse na Conserxería de colexio.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏