Este ano na celebración das Letras Galegas, contamos coa visita de Bernardino Graña (vive na Residencia da terceira idade, perta do noso CPI). Temos que agradecerlle moito a súa visita xa que non está ben de saúde pero aínda así participou ao longo da mañan con todos nós, nos actos programados para o día 16. Foron a búscalo pola mañán a Residencia os alumnos/as maiores do centro, firmou os seus libros e adicounos unhas palabras. Os alumnos de 4º de Primaria fixeronlle un agasallo que consistiu nun libro con vocabulario e debuxos relacionados co mar que aparecen nos seus poemas. Motas Grazas Bernardino polo teu esforzo¡¡
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños


Comentarios
Publicar un comentario