Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días . É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro , Día dos Dereitos Humanos. No cole ímonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa. Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU: http://www.un.org/es/events/endviolenceday/