Ir al contenido principal

Entradas

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL 2015

Co gallo do Día do libro no C.P.I. de Panxón repetimos a actividade realizada os cursos pasados é o noso “APADRIÑAMENTO LECTOR III ”. O alumnado de 1º ESO e 5º E 6º de Primaria exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de Educación Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca elixiu libros do noso Rincón Verde de lectura Medioambiental “Rincón verde. , “Da horta ao prato”. APADRIÑAMENTO LECTOR III: MADRIÑAS E PADRIÑÓS LECTORES Levamos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola TERCEIRA edición!!!!). Como é habitual, durante os días previos realizamos os preparativos: os padriños e madriñas escolleron os libros e os prepararon para ler aos afillados/as, os pequenos prepararon os seus agasallos para os seus padriños e madriñas (marcapáxinas alusivos ao noso proxecto documental). A continuación podedes ver algunhas imaxes de cómo desfrutaron con esta actividade MARCAD...

DÍA DA TERRA: GUERREIROS PACÍFICOS DA NATUREZA

Nun proxecto como o deste ano non podíamos esquecernos de celebar o día da terra e fixémolo coa activiidade “Guerreiros pacíficos da natureza” impartida por Lidia Rojo. Empezamos cun conto “O home que plantaba árbores” de Jean Giono na biblioteca. Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar. Despois maquillamos aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria para caracterizalos de verdadeiros guerreiros e saímos ao patio do colexio para lanzar as bombas de sementes (semillas de flores silvestres, barro, terra e auga) no xardín que temos ao lado do noso “Punto Limpo”.  

ESO INGLES: WORLD FOOD DAY

En relacion co Proxecto deste curso o alumnado de secundaria estivo a traballar e aprender sobre as Causas da fame no mundo, a Importancia do Dereito á Alimentación, e os aspectos que poden Axudar a erradicar a fame e a Desnutrición.  Máis de 850 Millóns de Personas no mundo pasan famen , estímase que 40 Millóns de Personas morren cada ano a causa da fame e enfermidades relacionadas coa Desnutrición e moitos deles son nenos/as. O Obxectivo desta actividade foi educar e motivar aos Mozo/as en comportamentos activos na loita contra a fame.

3º ESO INGLÉS: FROM FARM TO TABLE

Os alumnos/as de terceiro de ESO fixeron un vídeo para explicar todas as actividades do proxecto 14-15. Esperamos que vos guste!  

2º PRIMARIA:COLLEITA DE CONTOS

Alumos os / as de 2º crearon e ilustraron contos sobre a horta, Nestes puxeron Toda a súa creatividade e imaxinación, Merece a pena votarlle unha pois Ollada Realmente fixeron Un gran traballo. Os Títulos dos seus contos hijo: - Un encantada horta - Un pranta con corazón - Una nena eo Arbore - O puede, una nena eo Arbore - Una vella Arbore - O Tesouro perdido - Un persoa Que se transformou en plátano - Un aceiuna Que navegou polos Sete Mares.