Ir al contenido principal

Entradas

ALIMENTACIÓN QUE SABE

GUÍA DE VERÁN 14-15

Finaliza o curso e agora comezan unhas máis que merecidas vacacións, pero antes de rematar non esquezades pasar pola biblioteca a coñecer os libros que vos suxerimos nesta GUÍA DE VERÁN.  O Equipo de Biblioteca vos desexa unhas magníficas vacacións acompañados sempre dun libro¡¡¡¡¡¡¡ Guia De Verán Blog Leer más publicaciones en Calaméo

FINAL DE PROXECTO: PREMIO Á MELLOR EXPOSICIÓN VOZ NATURA 2015

O Proxecto deste curso "DA HORTA AO PRATO" non poido rematar mellor, con el conseguimos o premio á mellor exposición VOZ NATURA 14-15. Queremos dar as gracias a toda a Comunidade educativa pola súa colaboración no desenvolvemento deste proxecto, xa que sen eles non o poderíamos levar a cabo, de maneira especial damos grazas aos alumnos/as polo magnifico traballo e implicación no proxecto o cal permitiu levar a cabo un gran número de documentos de elaboración propia que todos a partir deste luns poderedes ver expostos na biblioteca. GRACIAS E ENHORABOA¡¡¡¡¡¡¡¡ FESTA VOZ NATURA 2015 - Kizoa Movie Maker

OS NOVOS CONCHEIROS 15-16: Transición Infantil-Primaria

Hoxe 5 de xuño recibimos a visita dos futuros Concheiros , que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban inquedos e nerviosos xa que por primeira vez visitaban o que será o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, colocaron as fotos dos pequenos no gran mural que identifica a súa clase e fixeron debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e os pequenos agasallaron a Teresa , futura profe cun ramos de flores e un album no que cada un deles se presentaban, fixeron unhas dinámica de grupos para coñecerse dirixidos por Sergio Goce, alumno de 3º de ESO. Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor fomos a ensinarlles o pavillón e alí estaba Victor profesor de Educación Física para facer uns xogos  con todos nos. No recreo desfrutaron co alumnado do primeiro ciclo, moitos deles foran xa compañeiros/as deles na E...

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL 2015

Co gallo do Día do libro no C.P.I. de Panxón repetimos a actividade realizada os cursos pasados é o noso “APADRIÑAMENTO LECTOR III ”. O alumnado de 1º ESO e 5º E 6º de Primaria exerceron de padriños e madriñas de lectura co alumnado de Educación Primaria. Tamén os pequenos lectores leron aos grandes. O equipo da biblioteca elixiu libros do noso Rincón Verde de lectura Medioambiental “Rincón verde. , “Da horta ao prato”. APADRIÑAMENTO LECTOR III: MADRIÑAS E PADRIÑÓS LECTORES Levamos a cabo a nosa tradicional actividade "Madriñas e padriños lectores" ( xa imos pola TERCEIRA edición!!!!). Como é habitual, durante os días previos realizamos os preparativos: os padriños e madriñas escolleron os libros e os prepararon para ler aos afillados/as, os pequenos prepararon os seus agasallos para os seus padriños e madriñas (marcapáxinas alusivos ao noso proxecto documental). A continuación podedes ver algunhas imaxes de cómo desfrutaron con esta actividade MARCAD...

DÍA DA TERRA: GUERREIROS PACÍFICOS DA NATUREZA

Nun proxecto como o deste ano non podíamos esquecernos de celebar o día da terra e fixémolo coa activiidade “Guerreiros pacíficos da natureza” impartida por Lidia Rojo. Empezamos cun conto “O home que plantaba árbores” de Jean Giono na biblioteca. Un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e do amor á terra e a todo o que dela pode agromar. Despois maquillamos aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria para caracterizalos de verdadeiros guerreiros e saímos ao patio do colexio para lanzar as bombas de sementes (semillas de flores silvestres, barro, terra e auga) no xardín que temos ao lado do noso “Punto Limpo”.