Ir al contenido principal

Entradas

CONTACONTOS DE NADAL NA ESCOLA INFANTIL DE DUNAS

Froito da colaboración das ANPAS do CPI de Panxón e a EEI "As DUnas" xurde esta actividade de contacontos, no que alumnos e alumnas do noso CPI colaboraran no fomento da lectura coa EEI . ENHORABOA POR ESTA INICIATIVA¡¡¡¡¡

OPERACIÓN QUILO

Un ano mais, o CPI de Panxón quere solidarizarse cos mais necesitados e para is convoca a IV Operación Quilo. Esperamos que todos fagades aportacións.

O CPI DE PANXÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe mostramos o noso máis enérxico rexeitamento contra a violencia de xénero e apostamos pola educación como pilar esencial para a prevención da mesma. Todos e todas queremos poñer a nosa pegada contra a violencia cara ás mulleres. ANÁLISE PUBLICITARIO: MURAL DE 6º DE PRIMARIA 3º PRIMARIA:  NIN UN BIQUIÑO A FORZA  

FORMACIÓN DE USUARIOS: “PORQUE CUQUI NON QUERE IR Á LAVADORA”

Nas sesións de Formación de Usuarios contamos na biblioteca ao alumnado de 1º e 2º de primaria o álbum ilustrado Cuqui non quere ir á lavadora que leva por subtítulo Conto moi importante para lerlles os maiores antes de ir a durmir, escrito por María Lado. As ilustracións son de Yanina Torres.   Neste álbum, María Lado cóntanos o que lle acontece a Cuqui, un osiño de peluxe, dende a visión dun neno pequeno que cuestiona a sensibilidade das persoas adultas. Ao final da sesión, propuxemos colorear a un osiño, recortalo e colgalo dun cordón na biblioteca

LECTURAS VIOLENCIA DE XÉNERO