Ir al contenido principal

Entradas

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Esta semana imos a aprender ciencia na biblioteca, a tarvés da experimentación e da observación, toda a semana nas horas do recreo¡¡¡¡¡¡ Alí vos esperamos¡¡¡¡¡  

RADIO ESCOLAR NOVEMBRO

  PROGRAMA RADIO NOVEMBRO     

RADIO ESCOLAR

Este curso volve a Radio Escolar despois dun tempo sen programas, haberá novidades respecto a outros cursos como: - Participaredes todos os alumnos/as tanto de Primaria como de Secundaria. - Cada curso, según o calendario que axuntamos será o encargado ese mes do programa. -      -  As  seccións do programa radiofónico son as que aparecen na plantilla de radio escolar que todos teredes: efemérides, noticias, curiosidades, novidades literarias… cada curso seleccionará aquelas seccións que considere e as redactará para que os últimos mércores de cada mes se faga a gravación e os venres se emita. -   - Todas as clases terán un distintivo na porta para que saiban que mes lles toca a eles e que todos poidamos cooperar. -    - Encargados: En primaria o titor será o encargado de organizar o traballo e en secundaria o titor e sobre todos os mestres/as de Lingua, non quere dicir que os demais mestres/as non interveñan ,...

RECEITAS OTOÑAIS

Os alumnos/as de 3º de primaria puxeron mans a obrae meteronse nas cociñas das súas casapara realizar postres típicos destas datas. ROI y SHAO nos hicieron esta receta: BROWNIE DE CHOCOLATE AROA OTERO PEREIRA fixenos este video explicando como se fan as chulas: CHULAS DE CALABAZA

III TENDAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano mais o CPI de Panxón posicionase mostrando o rexeitamento á violencia de xénero, apostando pola educación para a prevención da mesma. Todos e todas quixemos poñer a nosa pegada nun fermoso tendal de libros na que o alumnado mostrou as súas ideas en contra da violencia.

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Este ano adherimonos a campaña " EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS", a nosa pequena contribución foi a realización dun lazo en negro no patio do colexio e posteriormente unha coreografía coa canción de Amaral "Salir corriendo" que estivo a cargo do alumnado de 5º de Primaria. Vídeo do acto realizado o Día en contra da Violencia de Xénero.

O NOSO ARROZ, AUGA E MAIZ

Os alumnos/as de 6º primaria fixeron:    -  Lectura en común do conto “Arroz, agua y maiz….” Cada alumno/a un poema. -    Debateron sobre  os conceptos das diferentes tarefas a realizar nas súas casas: coidado dos nenos/as, fregar, planchar….quen as realiza, pros e contras que cada un ve en que esas actividades se estean realizando só por un sexo o por outro. -    Fixeron unha poesía na que cada un describeu as características da súa infancia (tomando como exemplo os tratados no libro. -    Despois de ler as poesías,compararon as ilustracións e observaron cales son os paisaxes e as características de traballo desas persoas -     Localizaron nun mapa os países nos que viven esas persoas.