Ir al contenido principal

Entradas

SEMANA DO LIBRO. GAÑADOR@S CONCURSO BOOKFACE E CADÁVERES EXQUISITOS

  Co motivo da celebración do Día do Libro organizamos, entre outras actividades; un concurso de bookface. O nivel foi moi alto, pero xa temos gañador@s! Grazas por participar Daniela González. 1º Primaria Elian Rivas, 1º Primaria Carla, profe de 5º Primaria O alumnado de Primaria e Secundaria elaborou textos e debuxos seguindo a técnica de creación colectiva surrealista dos cadáveres exquistos. Os traballos foron elaborados es distintas linguas: galego, castelán, inglés e francés, seguindo a temática do noso Proxecto O Camiño que une. 

Faraón. Rei de Exipto

O alumnado de 1º e 2º da ESO viaxou virtualmente ao Antigo Exipto grazas a visita didáctica organizada pola Cidade da Cultura á exposición: Faraón. Rei de Exipto    

CONCURSO BOOK FACE

  Book Face ou a arte de fundirse coa portada dun libro. Animádevos a participar! 

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

  No marco da conmemoración do Día Mundial da Poesía que se celebra o 21 de marzo, o alumnado de 1ºESO celebrou un recital de poesía.  Neste ano Xacobeo e dentro do PDI do centro,  O Camiño que une , achegámonos á realidade do Camiño de Santiago a través da obra  Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago , de Uxío Novoneyra.  Grazas a Héctor Chamorro pola edición do vídeo.

Símbolos de Santiago

        O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando os símbolos máis destacados do Camiño Símbolos De Santiago Publish at Calameo

MULLERES PINTORAS 🎨 🙎

Magnífico o traballo realizado polas alumnas de Xeografía e Historia de 4º ESO. Parabéns a Montse, Ainara, Elena, Iria, Rocío, Lucía e Uxía. Sodes unhas artistas!! Mulleres pintoras Publish at Calameo

GALEGAS PIONEIRAS

  Co motivo da celebración do día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de Secundaria  achegouse a labor,  moitas veces descoñecida pero fundamental, de mulleres galegas pioneiras nos seus ámbitos profesionais ao longo da Historia.  🙎  Galegas Pioneiras Publish at Calameo