Ir al contenido principal

Entradas

SEMANA ESCOLAR DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

  O pasado mes de abril o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou na Semana Escolar dos Camiños de Santiago. Velaquí unha mostra do seu traballo.

CHARLA ACOSO ESCOLAR 👁️‍🗨️

   O pasado 2 de maio celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Co obxectivo de concienciar ao noso alumnado, Luisa Abad Abad, mestra, asesora de educación infantil e divugadora didáctica especializada en coeducación, impartirá unha charla sobre tema o vindeiro xoves 13 de maio. 

SEMANA DO LIBRO. GAÑADOR@S CONCURSO BOOKFACE E CADÁVERES EXQUISITOS

  Co motivo da celebración do Día do Libro organizamos, entre outras actividades; un concurso de bookface. O nivel foi moi alto, pero xa temos gañador@s! Grazas por participar Daniela González. 1º Primaria Elian Rivas, 1º Primaria Carla, profe de 5º Primaria O alumnado de Primaria e Secundaria elaborou textos e debuxos seguindo a técnica de creación colectiva surrealista dos cadáveres exquistos. Os traballos foron elaborados es distintas linguas: galego, castelán, inglés e francés, seguindo a temática do noso Proxecto O Camiño que une.