Ir al contenido principal

Entradas

RETO 2: A ARTE TÉXTIL CA REUTILIZACIÓN E RECICLAXE

  O equipo de Dinamización da Lingua Galega, o equipo de biblioteca e o departamento de Tecnoloxía pedimos a vosa colaboración para participar no reto nº2 da Xeración ECO denominado "A arte téxtil da reutilización e reciclaxe". Este reto consiste na realización de figuras de Nadal elaboradas a partir de teas vellas e deste xeito, darlles unha nova vida na árbore de Nadal da escola. Aquí vos deixamos unhas imaxes e uns vídeos con exemplos: Estamos desexando ver a vosas creacións. Graciñas pola vosa colaboración 😊

RADIO NA ESCOLA

Este martes, 15 de novembro, tivemos unha visita moi especial. A Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia coa colaboración da cadea Siradio, levou a cabo no noso centro o proxecto Radioemoción e para iso contou coa participación do alumnado de  6º de Primaria. O alumnado tivo que facer entrevistas ás súas familias sobre a importancia e a presenza da radio nas súas vidas, elixir unha canción e facer unha redacción onde a radio fose a protagonista. Prepararon unhas preguntas para facer aos 3 invitados que tivo o programa: - David Regades , delegado da Zona Franca de Vigo - Hugo Pereira Chamorro , comunicador e politólogo, ex-alumno do centro. - Pedro Rodríguez Villar , escritor, xornalista e director de Teatro do Ar. Foi unha experiencia marabillosa, e gratificante onde o alumnado aprendeu e desfrutou. Velaquí vos deixamos con algunhas imaxes: Durante estes días, contamos na escola cunha exposición moi interesante: Para finalizar, queremos agradecer dende aquí a  Asocia...

Unha visita moi especial na biblioteca

O pasado 26 de outubro contábamos cunha visita moi especial, tiñamos unha sesión de contacontos para toda primaria. Un ano máis, Ángeles estivo con nós na biblioteca contándonos historias marabillosas. Por aquí vos deixamos unha mostra da experiencia vivida: Moitas grazas Ángeles!

Benvid@s a este novo curso 2022 - 2023

Benvidos e benvidas, arrincamos este curso 2022 - 2023 dende este blog. Neste mes estivemos organizando e argallando novas cousas, entre elas comezaremos polas Mochilas Viaxeiras e os correspondentes cadernos viaxeiros , as cales foron postas en marcha no día das bibliotecas. Así mesmo, levamos as cestiñas lectoras para cada aula: Tamén celebramos o SAMAÍN : O alumnado de 4º de ESO fixo máscaras e arañas con material recilado na clase de tecnoloxía.  Fíxose un concurso de portas terroríficas , e estas son algunhas das que podíamos atopar nos corredores da nosa escola. No que respecta ao concurso de cabazas terroríficas, aquí volas amosamos: Estivemos rodeados de lecturas terroríficas : O pasado 11 de Novembro, celebramos o MAGOSTO. Un día repleto de castañas, xogos e premios compartido con toda a comunidade escolar.

Rosalía Sempre Viva!

 Moi boas a tod@s de novo, o sábado 19 de marzo realizouse un recitado de poemas sobre Rosalía de Castro, organizado pola Casa - Museo Manuel María. A continuación podemos ver os vídeos. Que ben o fixeron os nosos rapaces/as! 

III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA

 Moi boas a tod@s, dende o EDLG, participaremos nun concurso de poesía, organizado por diferentes centros educativos.