Ir al contenido principal

Entradas

Un día polo horto

  Esta semana os cativos e cativas de primaria foron ao horto e realizaron moitas cousas con Diana de Somos Terra. Cada curso encargouse: 1º EP: limpeza e plantación  2º EP: plantación de amorosos 3º EP: limpeza e plantación  4º EP: remedios da horta  5º EP: plantación de xirasois 6º EP: colleita e elaboración de APICHI Mirade parte do traballo elaborado:

Reto 2: Sen pegada no transporte

  Sen pegada no transporte. No CPI Pl. Arquitecto Palacios sempre que é posible imos andando ás actividades complementarias á formación. Este mércores día 21 de febreiro o alumnado de 3º ESO baixou á praia da Madorra a gravar un "short de youtube" para completar o reto nº 2 de Xeración ECO "sen pegada no transporte". O día 26 Novembro de 2023 foi o día Internacional do transporte sostible e no centro c elebramos o día internacional do transporte sostible primeiramente felicitando ao alumnado que ven ao centro educativo andando, en bicicleta, no bus escolar, no bus público e os que comparten coche para vir ao colexio. E por outro lado a actividade do 25N como xa publicamos neste blog, fomos andando á mesma fomentando a movilidade sostible.

11 F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

  Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un traballo de investigación sobre mulleres científicas para conmemorar así o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Investigaron mulleres como Isabel Zendal, Antonia Ferrín, Concepción Arenal, Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño… e fixeron unhas fichas técnicas que quedaron expostas no corredor da escola.  Botade unha ollada:

Novos xogos de mesa

  Se un bo rato queres pasar,  Na biblio deberás entrar!

Reto 4: Disfraces cero plásticos

  Neste reto de xeración ECO o CPI Pl. Arquitecto Palacios comprometeuse neste curso académico a realizar un entroido sostible. Polo que tanto o profesorado, familias e alumnado fomentou a vida saúdable e o deporte, como se puido ver no desfile realizado por Panxón o venres 16 de febreiro.  Na  medida do posible tentamos utilizar e reutilizar materiais como papel, cartón ou material téxtil para a elaboración dos nosos disfraces do entroido.  Con estas fotos tentamos mostrar unha pequena parte do traballo.:

Saída: Jurassic Nova

  O pasado doces, cativos e cativas de 4º, 5º e 6º EP foron á exposición Jurassic Nova. Alí descubriron o fascinante mundo dos dinosaurios. Observaron restos fósiles e fragmentos de meteorito. Aprenderon moito sobre estas criaturas prehistóricas. Mirade:

Entroido saudable e olímpico

  O pasado venres tivemos o desfile de Entroido polas rúas de Panxón. Saímos cos nosos disfraces vinculados ao proxecto anual de vida saudable e xogos olímpicos. Había sandías, cenorias, amorodos, granxeiros, uvas, aguacates e tostadas, e moitos xogadores, Aquí vos deixamos cunha pequena mostra: