Ir al contenido principal

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA AOS FUTUROA BATEEIROS

Hoxe 29 de maio visitáronnos os futuros Bateeiros, que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban moi nerviosos pois ían coñecer o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, facer o mural dos futuros Bateeiros e facer os debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e fixemos unha dinámica de grupos para coñecernos un pouco mellor, pasámolo moi ben todos.





Coñecendonos - foto montaje



Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor démoslles a sorpresa de ensinarlles o pavillón que é enorme e alí estaba Victor para facer un xogo deportivo con todos nos.



Desfrutaron no recreo coa alumnado do primeiro ciclo moitos deles foran xa compañeiros/as deles na Escola de Dunas.




De repente escoitouse por todo o patio un timbre moi forte e todos os nenos/as foron para a entrada do colexio e puxéronse en filas, os pequenos tamén¡¡¡ e subiron cos demais para as clases.. Algúns nenos e nenas de 2º de EP explicaron cada espacio do colexio e o significado dos murais que temos polos corredores, o ciclo da auga, os muíños de marea, os conteñedores de reciclaxe, o medio ambiente......e que están a facer no proxecto deste curso sobre as enerxías sostibles “Do pedernal á fusión”; logo foron a súa futura clase e chamoulles moito a atención o mural do corredor que fixeramos para recibilos e sobre todo que estiveran as súas fotos postas nel, non facían mais que sinalar a foto na que estaban eles.

Logo pasaron a clase e sentáronse cada un con varios nenos/as de 2º de EP que tiñan un agasallo para eles, fixéranlles uns debuxos para que os colorearan e puxeran o seu nome neles, estes debuxos estarán en setembro postos nas súas mesas.

A continuación fomos a Biblioteca que era o único que lles faltaba por coñecer e alí estaba Sara Penedo alumna de 4º da ESO para contarlles un conto moi bonito “O Xaxilé azul”, non pestañearon e gustoulles moito.
Dámoslle a BENVIDA a todos eles/as e esperamos que sexan moi felices neste cole e que aprendan moitas cousas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Amigos top en 5º de EP

  Os nenos e nenas de 5º de EP aprenderon a empregar a app CANVA e a partires dunha expresión escrita chamada amigos top crearon a seguinte presentación da cal son partícipes na busca de amigos con cualidades incríbles. Vos deixamos a presentación que elaboraron para este final de curso: Bo traballo rapazada! 👏👏👏