Este curso comezamos unha nova actividade na biblioteca, os pais e nais participan no proceso de animación lectora contando contos na biblioteca, empezamos polo primeiro ciclo de primaria e dende aquí queremos dar as gracias á Familia de Jorge Alabarces Comesaña por ser os primeiros en iniciar esta actividade coa lectura dos contos "Tío Lobo" e "Hansel e Gretel".
Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇: 4º EP e os Movementos da Terra 5º EP e o Sistema Solar Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste! Saudiños
Me parece una buena idea, para despertar el interés por la lectura a los niños y para que el niño vea como sus padres se implican en ello. En mi caso, Jorge se sintió especial ese dia al ver que su papa colaboraba en el cole. Gracias.
ResponderEliminar