Ir al contenido principal

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

 Desde o Equipo de biblioteca pensamos que sería unha boa idea que compartísedes con todos nós voso especial recuncho de lectura. Para iso creamos un concurso ; para participar só teredes que facervos unha foto lendo nalgún dos lugares onde habitualmente facédelo ou onde vos gustaría facelo.
Cando elixades a vosa fotografía , enviádea ao correo do blogue e iremolas publicando. Ao final de curso coñeceremos ao gañador.
Unha forma moi boa de que, entre todos, atopemos novos espazos de lectura.
Animádevos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

14 de xuño. Día Mundial do Doante

  No día de onte, conmemorábase o Día Mundial do Doante, e o noso centro foi partícipe deste evento  xa que cúmprense 30 anos da creación da Axencia de Doazón de Órganos e sangue. Fai uns meses atrás participábamos na campaña de doazón varios alumnos e alumnas do noso centro xunto coas súas mestras. Velaquí os deixamos unhas fotiños do evento de onte: