Ir al contenido principal

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “GALICIA, AUGA E LITERATURA” I


Para conmemorar o Día da Poesía, o equipo da biblioteca propoñe a todos os cursos de primaria e ESO participar no II Concurso de Fotografía “Galicia, Auga e Literatura”, patrocinado por Viaqua. Do mesmo xeito que na pasada edición, o que se busca con este concurso é achegar a literatura galega aos escolares de Educación Primaria e Secundaria a través da auga; á vez que se conciencia sobre os usos e beneficios desta. 
Os alumnos e alumnas deberán elixir un poema ou verso determinado nos que a auga estea presente e ilustralo cunha fotografía. A creatividade e orixinalidade á hora de plasmar nunha fotografía a importancia do coidado do medio ambiente e a auga como recurso escaso, terán a súa recompensa. En concreto, o primeiro e segundo premio para os escolares de cada categoría será unha Tablet Nevir LCD 8" e unha Cámara Dixital Nikon, respectivamente. Os profesores, pola súa banda, serán galardoados cunha estancia dunha noite para dúas persoas en OCA Augas Santas (Pantón - Ourense). Na entrada do colexio temos unha mostra bibliográfica de libros de poesía relacionados coa auga dispoñibles na biblioteca.
Durante a hora de biblioteca os alumnos investigaron cos seus titores nos libros de poesía. Cada alumno ou alumna elexiu na biblioteca o seu poema para participar no concurso.
Despois colgamos todos os traballos dos alumnos e alumnas no tendal da entrada do noso colexio.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Proxecto: Un paseo polo universo

Os nenos e nenas de 4º e 5º de EP estiveron aprendendo un montón de cousas sobre o Universo e os planetas.: que é, cantos planetas ten, cómo son esos planetas, cales son os movementos da Terra, as fases da Lúa,... Queren compartir con todos vós o seu traballo. Fixeron dous póster dixitais interactivos onde poderedes ver os seus traballos, pero tamén escoitalos a eles! Premede nas iconas 👇:  4º EP e os Movementos da Terra    5º EP e o Sistema Solar    Polos corredores da nosa escola podemos desfrutar dunha exposición das maquetas que fixeron. Todas son incríbles!😍 Ademais, para repasar o aprendido fixemos unhas actividades de robótica con Mousy. O pasamos xenial!😊 Agardamos que vos guste!  Saudiños

Felices vacacións!

  Dende a biblioteca vos desexamos unhas felices vacacións cheas de moitas lecturas e xogos.👀😊 Ata setembro! 💛

14 de xuño. Día Mundial do Doante

  No día de onte, conmemorábase o Día Mundial do Doante, e o noso centro foi partícipe deste evento  xa que cúmprense 30 anos da creación da Axencia de Doazón de Órganos e sangue. Fai uns meses atrás participábamos na campaña de doazón varios alumnos e alumnas do noso centro xunto coas súas mestras. Velaquí os deixamos unhas fotiños do evento de onte: